Somos, o que comemos

IMG_6320
Somos, o que comemos

Este foi o título co que a asociación Escola Rural de Saude da Limia comezou o percorrido que pensa levar por moitos pobos da nosa xeografía para rematar en Xinzo.

No taller colaboraron o Concello de Xinzo, Coren e Gadis, así como Nutrición Center Prieto e Pablo García Vivanco licenciado en farmacia e experto en nutrición.

COUSAS A TER EN CONTA CANDO NOS SENTAMOS A MESA

Seguindo coa formación en saúde no rural, neste taller de nutrición, falamos de moitos aspectos que inflúen nunha boa alimentación: intolerancias alimentarias, sobrepeso, enfermidades crónicas, entre outros, que son aspectos a ter en conta cando nos sentamos á mesa, sempre lembrando que a saúde ten o seu compoñente físico, psíquico e social. Centrámonos máis no sobrepeso, mostrando como se realizan as medidas antropométricas.

En Escola Rural de Saude dá Limia, entidade sen ánimo de lucro de iniciativa social comunitaria enfocamos máis noso labor no rural porque é onde as persoas teñen máis dificultades e menos recursos para recibir formación en temas de saúde. Tamén é máis complexo para os profesionais sanitarios e sociais chegar a esta poboación, é por iso que a Asociación agradece especialmente a Vivanco e o seu equipo a súa dispoñibilidade sempre que o necesitamos.

Co obxectivo de chegar a diferentes puntos da provincia de Ourense, este percorrido inicia a súa andaina en Arnuide e continuará en diferentes puntos para finalizar en Xinzo de Limia, onde se complementará a formación con talleres sobre alimentación dirixidos a toda a poboación en xeral, pero tamén especialmente a familiares e coidadores de persoas dependentes, as cales teñen unhas necesidades específicas para as que é necesario ter información.