"Os intereses de produtores e almacenistas ten que ser o mesmo"

José M. Gómez Gómez (Cazolas)
"Os intereses de produtores e almacenistas ten que ser o mesmo"
José M. Gómez Gómez (Cazolas) novo presidente consello Regulador da IXP. Pataca de Galicia.

J.Manuel Gómez Gómez (Cazolas) naceu no 60 e é Enxeñeiro agrícola e funcionario da Consellería de Medio Rural.

Fai tres meses que chamaron un grupo de xente para convencelo para que fora o presidente, proposta que naquel momento rechazou.

20230310_190620

Entendo que hai cousas que hai que mellorar, e ante a presión aceptou a proposta, sendo elixido por 8 votos con tan solo unha abstención.

O consello está formado por un grupo de membros moi xoves, no ámbito de produtores, con moita ilusión e esa foi unha das cuestións que me fixo cambiar de opinión e aceptar a proposta. Teño que agradecer o apoio de todos os membros do consello formado ao 50% de produtores e almacenistas. Da zona de Coristanco, desta vez, non hai representante.

Creo que hai un grupo humano moi bo para poder facer cousas.

O presidente non ten poder ningún, simplemente é o coordinador dos membros do pleno.

OBXECTIVOS A CORTO PRAZO.

Dentro dos obxectivos do novo presidente é a de aumentar o número de hectáreas que estean amparadas pola IXP, para aumentar os 6. Millóns de Kg. da campaña que agora se pecha, que aínda que pareza moito, con respecto aos máis de 100.000.000 Kg, é moi baixa.

Para elo, neste momento ocórreseme como primeira medida é facer unha campaña de concienciación para que eses produtores que aínda facendo produto de calidade, non o teñen amparado pola IXP.

A segunda das accións que proporei e facer unha campaña para o consumidor galego onde lle fagamos ver a calidade do produto da Limia, antes de ir ao exterior, neste caso de Galicia, a Madrid e Barcelona. O consumidor galego ten que coñecer a fondo as excelencias da pataca da Limia, e ten que saber, moi importante, que este produto exquisito, solo se pode comprar dende setembro a Marzo-abril. Fora destas datas o produto que se ofrece, non pode ser da Limia, polo que non está garantida a súa calidade, porque entre outras cuestións non pode ser pataca da Limia (amparada). Desta maneira aforrase transporte e que Galicia sexa o principal consumidor. Para todo isto necesítase cartos, porque o produto xa o temos.

FORMACIÓN DE PRODUTORES E CONTROLAR OS FRAUDES

Outra das cuestións que creo que será moi importante formación dos novos produtores que queiran adherirse a IXP, tanto na maneira de producir, como nos produtos a empregar. Para elo contamos con moi bos técnicos e con un magnífico laboratorio.

E por último, pero non menos importante, un control máis exhaustivo para que non se produzan fraudes, no empaquetado e etiquetado.

Todos sabemos que “catro” fixéronlle moito dano a pataca, non solo a da Limia. Temos que concienciarnos que é mellor calidade que cantidade. Para entender todo isto simplemente temos que votar unha ollada a outros consellos reguladores sobre todo do viño, que entenderon isto con claridade. Segundo noutros sitios están orgullosos e din que “temos a mellor bodega” nos tamén temos que acabar dicindo convencidos, temos a mellor pataca.

20230310_190616

Temos que facer campañas de sensibilización e sobre todo de promoción. Para elo necesítanse moitos cartos. No vamos a tocar en todas as portas, pero tamén de inspección no mercado.

Os intereses de produtores e almacenistas ten que ser o mesmo. Os produtores poder cobrar máis polas súas patacas e o almacenista tamén vendelas a mellor prezo e presumindo da calidade do que vende.

ESTE ANO NA FEIRA DA PATACA TEMOS QUE ESTAR TODOS.

Na celebración da feira da pataca ten que estar todos e todas as partes, produtores baixo o paraugas da IXP e por outra banda terán que estar presentes todos os almacenistas, para entre todos facer unha gran feira da pataca que redundará en beneficio de todos.