Unha tenda de Xinzo ofrece a posibilidade de que os particulares lles vendan mercancía

ecoforest
Unha tenda de Xinzo ofrece a posibilidade de que os particulares lles vendan mercancía

Ecoforest dá oportunidade ó cliente de comprar e vender

Ecoforest defínese como un mercado de ocasión. A tenda funciona sobre demanda, mercan segundo as peticións que lles fagan os clientes.

No momento no que alguén lles fai un pedido queda rexistrado nunha base de datos. O seguinte paso que dan é porse en contacto cos provedores. Unha vez que fixeron a busca avisan ó cliente e este dá o visto bo ou non á compra, si está de acordo coas condicións. No caso de que o artigo sexa rexeitado, Ecoforest pode quedarse con el e vendelo ou devolverllo ó provedor. Traballan con provedores de toda España e Europa o que lles permite ter un mercado amplo.ecoforest

No caso de que un particular queira vender algo, pode achegarse á tenda, chamar por teléfono ou mesmo enviar un correo electrónico. O que fan en Ecoforest é recoller esa mercancía que lles traen e gárdana no que denominan depósito. Por expor ese material durante tres meses cóbranlle unha porcentaxe ó particular. Para evitar conflitos, contan co servizo dunha empresa de taxación.

Ademais de traballar coa oferta e a demanda, este establecemento ten produtos de stock, é dicir que están dispoñibles na tenda .ecoforest varios Aquí podemos atopar unha ampla variedade de mercancía chegada de toda Europa. Así hai posibilidade de mercar roupa para o inverno de Alemaña, como luvas fortes para andar coa neve ou unhas boas rasquetas para sacar a neve dos coches que proveñen de Polonia. Aprender idiomas é asequible en Ecoforest onde ofertan libros integramente en francés por tan só un euro. No caso de roupa ou calzado, os prezos son económicos non porque sexan produtos de segunda man, senón que nos países dos que proveñen o inverno comeza antes e son artigos de fóra de tempada cando chegan agora á Limia. Para quentarse ben cando chegue o frío teñen a posibilidade de atopar o último en estufas, caldeiras e pellets.

estufas

Todo esto poden velo se se achegan á rúa Blanco Amor número 32 en Xinzo de Limia.

Ecoforest ofrece unha ampla variedade de produtos nunha tenda que nace dunha idea dos seus propietarios de reinventarse en tempos de crise.