O sábado día 5 o Café Bar B´andos está de cumpre
Perante todo o día do sábado a dirección da cafetería, que este mesmo día cumpre un ano ó fronte, quere agradecer a tódolos clientes a súa fidelidade nos 365 días transcorridos.
E como en todos os lugares as celebracións celébranse con festas e agasallos e eles non queren ser menos, e en vez de botar a casa pola ventá eles van a botar o café e a cervexa.
PRESENTACIÓN CAFÉ “ETIQUETA NEGRA”
Dende as nove da mañá e perante todo o día farán a presentación con degustación dun novo café “etiqueta negra” . Este café especial non se pode tomar noutra cafetería de Xinzo, tendo B´andos a exclusiva. Pero para que a cousa non quede aquí, esperan contar cun experto “barista” que ademais de facer un café exquisito tamén terá unha presentación espectacular.
Pero tampouco a cousa queda aquí, se non que o café terá un prezo especial durante todo o sábado de 0,50 Cms.
NOVA CARTA DE ALMORZOS
Co novo café tamén farán a presentación dunha nova carta de composicións para almorzos, así como novos doces. Perante toda a mañá haberá a degustación destas novas composicións que a partir deste aniversario poderemos seguir gozando cada mañá.
“CAÑA ESTRELLA” A 0,80
Para despois do medio día e en toda a tarde noite a cervexa “estrella” terá temen un prezo especial, acompañado coa degustación dos novos pinchos.
NOITE DE FESTA E RON
Pero a cousa non acabará aquí.
A partir das 22:00 o grupo alaricano FEITIZO deleitaranos coa súa música e despois será unha marca de Ron a que protagonice a festa latina con moitos regalos para todos os asistentes. Tamén aquí os prezos dos cubatas de ron terán un desconto importante, e todo isto ata que o corpo aguante.
Todo isto non demostra outra cousa que para os novos xestores do Café B´andos son os clientes e para eles a mellor festa para celebralo.