Toda a Limia, excepto Bande, Rairiz e Sandiás , pasa a nivel 3

101010
Toda a Limia, excepto Bande, Rairiz e Sandiás , pasa a nivel 3

Segundo os datos de hoxe, aínda que poderían cambiar de aquí a publicación no DOGA

NIVEL 3

Todos os concellos deste nivel abrirán a hostalería o venres con terrazas ao 50% e no interior ao 30% sen poder utilizar a barra. Tamén se permitirán as reunións de ata 4 persoas NON convivintes .

Tamén se permite a mobilidade entre concellos do mesmo nivel. Neste caso poderémonos trasladar a Ourense.

NIVEL 2

Nos concellos de Bande, Rairiz e Sandiás poderase abrir as terrazas cunha ocupación do 50% e permitirase tamén as reunións de 4 non convivintes. O que non estará permitido para os veciños destes dous concellos é a mobilidade fora do seu concello a non ser para ir a outro do mesmo nivel.

En ambolosdous niveis a hostalería deberá pechar ás 18:00 agás, coma ata o de agora, aqueles establecementos que sirvan para levar a domicilio