martes. 30.05.2023

O que quixen con esta obra é facer unha homenaxe ós canteiros por un lado e ós petroglifos por outro.

Desta maneira define Xosé Luís Carreira  a escultura que o concello de Xinzo lle encargou para homenaxear  dunha maneira permanente a “Toñito maestro”.

2

Seis toneladas de peso e 2,30 mt. De altura forman o grupo escultórico que levará como base tamén granito do país. En catro meses de traballo, dos cales faltan tan so dez días, Carreira  fixo a talla directamente dun monolito. Costoume bastante, posto que non existía ningunha foto de Toñito de onde se puideran ver ben os trazos da súa faciana, e sobre todo de perfil, aínda que estou moi satisfeito do resultado final.

En menos de 10 días estará preparada para levar o seu  asentamento definitivo que xa será decisión municipal.

DAMA DA LAGOA

Unha vez rematada esta obra, Xose Luis porase a traballar na outra obra que o Concello lle encargou e que denomina “A Dama da Lagoa”. Esta xa é unha obra de maior embergadura e que será instalada na rotonda de entrada a Xinzo dende a autovía. Tamén nos conta que tardará aproximadamente unhos seis meses en rematala.

Comentarios