# ES52 2080 0410 9130 4002 7896 #
Un trailer sairá directo desde Xinzo a Ucraína este mércores pola mañá, cargado con todo o donado polos veciños do Concello de Xinzo
A Asociación de empresarios do Polígono Industrial de Xinzo pon a disposición un camión (ou os que fixeran falta) , que se encargará do traslado ata un punto de entrega en Ucraína, lugar que está xestionando coa Cruz Vermella Internacional.
TESTIGOS DE QUE TODO SE ENTREGUE AS PERSOAS NECESITADAS

Este camión, ou camións, estarán acompañados por un membro da directiva da asociación para corroborar que todo o que se envíe dende a Limia sexa entregado as persoas necesitadas.
O mércores pola mañá sairá de Xinzo un tráiler cargado con todo o que os veciños de Xinzo están entregando no Concello en Cáritas e Cruz Vermella.
CONTA SOLIDARIA
Así mesmo e ante a petición de varias persoas que se interesaron por algunha conta na que puideran ingresar cartos, e colaborar cos custes do transporte, a asociación abriu unha conta en ABANCA # ES52 2080 0410 9130 4002 7896 # para que poidan facer as achegas , sen ter en conta a cantidade, calquera cantidade será boa. Ao fin da campaña a asociación dará as contas totais dos ingresos e gastos. Cos cartos que a xente aporte iranse sufragando os gastos do transporte que contan que, aos prezos do gasóleo e choferes, ascenderá a uns 6.000 €.
SE NON CHEGA PORANO OS EMPRESARIOS DO SEUS PETO.
Si as achegas non chegaran a cubrir un ou os camións que fagan falta, a diferencia será a cargo dos empresarios que forman parte da directiva da asociación, dos que saíu a idea.
Se sobrase algo, faranllo chegar a algunha asociación da Limia.
PARTICIPACIÓN DO CONCELLO DE XINZO
Nestes momentos están a negociar co concello para o tema de facer chegar todo o material ata a nave do transporte, onde se fará a paletización e embalaxe. Todo este traballo estano a realizar os membros de Protección Civil de Xinzo.
Elvira Lama está a tratar de buscar algún recurso económico para colaborar cos gastos de transporte.