Veciña de Xinzo, denuncia ao Banco de Santander por “roubo”

logo-santander-antes
Veciña de Xinzo, denuncia ao Banco de Santander por “roubo”

Desapareceronlle os cartos dunha transferencia e nadie lle di onde están

María, reside en Montreal, Canadá, e fai unhas semanas fixo dúas transferencias dende a súa conta en Montreal a súa conta no B. de Santander, como di esta veciña, para ter para as vacacións, porque a semana seguinte quería desprazarse ata Xinzo para uns días de descanso.

Cando chega a Xinzo, unha das súas transferencias estaba ingresada na súa conta e a outra, sen que ninguén de explicacións foi devolta polo banco.

Ata aquí, todo parecería un erro, sen maiores consecuencias. Pero o grave é que os cartos da transferencia devolta, non chegaron a súa conta en Montreal, de onde saíran, e no banco din que non teñen os cartos, nin saben onde están.

O defensor do cliente do banco, non lle deu a día de hoxe explicacións, pero os cartos esfumáronse.

Esta veciña despois de falar co seu abogado,dille que presente unha denuncia contra o banco, porque iso en calquera país denomínase “roubo”.