As veciñas de Rebordachá solicitan un carril bici para ir a Xinzo
11:00 09/09/23
11:00 09/09/23
María Aparecida en representación de todas as veciñas foi recibida polo alcalde
As veciñas, sobre todo elas, son unhas mulleres que utilizan a diario as bicicletas para os seus traslados dentro do pobo de Rebordachá, para visitar a veciños e veciñas de outros pobos limítrofes e sobre todo para vir a Xinzo. Pero neste caso teñen que ir durante bastante tempo pola estrada de Cualedro, con moito tráfico, e atravesar unha grande rotonda ata chegar a pista de bicicletas paralela a estrada de Xinzo-Baltar.

María en nome de todas elas foi recibida por Amador Díaz, tamén veciño do pobo lindeiro con Rebordachá, o que trasladou o seu apoio a ese tema e “prometendo” o máximo apoio do concello para conseguir levar a cabo o proxecto solicitado.