Un veciño de Xinzo, a xuicio por maltratar a súa exparella

senal-Stop-brinda-violencia-genero_1631847385_147771799_667x375
Un veciño de Xinzo, a xuicio por maltratar a súa exparella
Segundo o fiscal fíxoio durante 4 anos

O fiscal reclama para Diego M.M. una pena de dous anos de cárcere, a prohibición de portar armas durante dous anos e medio e a prohibición de aproximarse a una distancia inferior a 300 metros á víctima durante tres anos. O encausado será xulgado o vindeiro setembro por maltratar de forma habitual á muller coa que estivo convivindo durante dezasete anos, os últimos en Xinzo.

A acusación pública asegura que o inculpado, durante a convivencia, especialmente entre 2014 e 2018, insultaba de manera permanente á que era a súa parella, dicíndolle: “inútil”, “es peor que unha colombiana” ou “mala nai”. Según a versión da acusación, tamén a empurraba durante as discusións, propináballe patadas ou collíana polo pescozo. A fiscalía dí que estes episodios tiñan lugar no domicilio familiar en presenza dos fillos menores da parella.