Os veciños da Limia vólcanse na fabricación de mascarillas

mascarillas Nika
Os veciños da Limia vólcanse na fabricación de mascarillas

Aínda que moitos se preguntan da súa validez

Dende que o Concello de Xinzo puxo en marcha, cun pequeno gráfico, a campaña de fabricación de mascarillas, moitas son as persoas que xa se puxeron “mans a obra”, aínda que despois de aparecer nas redes sociais que non teñen validez para os sanitarios, algunha persoa como por exemplo Nika Fernández que comparte con nos estes vídeos caseiros, quedou un pouco desilusionada, aínda que como ela di, ten na casa unha persoa de risco, e polo menos sírvelle para que cando tusa, non transmitilo as mans e despois non levalas a boca.

mascarillas fotos mural horizontal

HAI OUTRAS PERSOAS QUE XA AS FAN SOFISTICADAS E CON DESEÑO

Como sempre ocorre nestas circunstancias o enxeño comeza a brotar e a pouco que se comeza a comentar xa hai quen ademais da confección básica atrévese co deseño facendo verdadeiras marabillas.

Onde se poden entregar?

Outra das preguntas que están chegando ao dendealimia.com é a que fan moitas das persoas que si se puxeron a traballar facendo ás mascarillas, é a de Onde se entregan?. Supoñemos que en breve o Concello, promotor da idea, faranos chegar a resposta, e en canto no la de, farémoslla chegar aos nosos lectores.

A segunda está feita cunha de algodón nova. Levan tres capas, o que me recomendaron

Podo facer máis, pero si non sirven non sei… eu quedei un poco triste porque estaban cómodas, había que lavalas a sesenta grados e por outra limpa.

Remata Nika que é voluntaria de Cruz vermella, é unha persoa que me preocupo polo resto, quero axudar, pero non sei como. Conclue diciendo que ela ten unha persoa de moito risco na casa e as de papel estanme a servir para que non toque a boca cas mans nin tosa nelas, iso si, hai que cambiala polo menos tres veces ao día, sobre todo despois de cada comida.

Para ver video aparecido nos medios comunicación : https://www.youtube.com/watch?time_continue=229&v=ug_W_66yeN4&feature=emb_logo