Os veciños de Faramontaos piden ao Concello para que tome medidas urxentes

cats
Os veciños de Faramontaos piden ao Concello para que tome medidas urxentes
Polo derrube dunha parede do forno fai 2 meses

Escrito enviado a dendealimia polos veciños de faramontaos:

catsOs veciñ@s de Faramontaos levaban tempo avisando o concello do mal estado dunha das paredes laterais do forno do pobo, pero o concello non lle deu solución.
O pasado 19 de decembro de 2019, debido ao temporal, caeu unha das pedras desta parede, quedando a parede practicamente en aire. Tras o sucedido varios veciños achegáronse ata o concello para avisar do sucedido pero non foi ata o día 22 de decembro cando colocaron unhas cintas de protección que romperon aos poucos días a causa do temporal. Uns días despois tras acercarse de novo os veciños ao concello, colocaron unhas vallas de protección que aínda hoxe permanecen no mesmo lugar.

Os veciñ@s de Faramontaos piden que se tomen medidas canto antes xa que despois de mais de 2 meses dende o sucedido aínda non se tomou ningunha medida por parte do concello e a parede afectada esta cada vez en peor estado e teñen medo de que poida derrubarse.