O venres gran festa da natureza en Celanova

1-CARTEL O BOSQUE MAXICO-01 (5)
O venres gran festa da natureza en Celanova

O Bosque Máxico celebra a súa festa anual coa entrega dos premios

IV CERTAME DE FOTOGRAFÍA E DEBUXOS
Máis de 1.800 traballos, fotografías e debuxos, se presentaron nesta edición do certame organizado polo Bosque Máxico.
Tódolos traballos serán expostos por primeira vez na gala do próximo sábado que se celebrará a partir das 18:30 no auditorio ILDUARA de Celanova.
Haberá tamén a proxección da curtametraxe BUTACA VERDE dentro do ciclo de cine ambiental e solidario.
Non faltará tampouco a música a cargo dos RAMPEIROS.

fauna-c-s-2-06288bcbc5478d3403ae3b1c66b7161301ff8088PREMIO OURO AZUL V EDICIÓN
Tamén dentro do acto do Bosque Máxico farase a entrega do PREMIO OURO AZUL na súa V edición, que neste caso premia o enxeñeiro de Montes e Natureza, Xosé Benito Reza.
Segundo o xurado o premiado fíxose acredor do prestixioso premio polos seus traballos a prol sa paisaxe, e da natureza galegas, e polo seu compromiso na defensa dos ríos e dos ecosistemas acuáticos continentais, os máis ameazados do planeta e que son os que proporcionan os servizos ambientais esenciais e máis valiosos á humanidade.