Visita as residencias Sta. Mariña e Centro de día e ao centro de Saúde

Visita a residencias e ambulatorio
Visita as residencias Sta. Mariña e Centro de día e ao centro de Saúde

Música e agasallos de parte de todos os veciños de Xinzo

1

A alcaldesa Elvira Lama, acompañada do concelleiro Rafa Penabad fixeron unha visita aos maiores das residencias de Sta. Mariña e centro de día, así como ao centro de Saúde de Xinzo.

Foron unhas visitas, primeiro aos nosos maiores, para dicirlles que nestes momentos tan duros, nos acordamos máis que nunca deles.

Ao centro de día foron para unha vez máis agradecerlle o esforzo continuo durante estes meses de pandemia, que por desgracia, aínda non desapareceu, e eles están en primariísima fila.

En todos os sitio a alcaldesa en nome de toda a corporación municipal entregoulles agasallos para que compartan estes días e un quinteto da Agrupación Musical da Limia, puxéronlle o son, que nos dous primeiros casos os residentes aproveitaron para botar un baile.

2

3