Xa están entregados os vales de compra do “Dia do Pai” de ProLimia 2021

IMG_20210317_201320_1
Xa están entregados os vales de compra do “Dia do Pai” de ProLimia 2021

1.200 € foron entregados esta noite no salón de Plenos

A Directiva da Asociación ProLimia e o concelleiro de Promoción Económica fixeron entrega, nun sinxelo acto, dos vales do concurso, que obrigatoriamente teñen que gastar no comercio local entre o día de mañá e o sábado.

VALES DE NADAL SEN CONSUMIR

As representantes da asociación fixeron fincapé en que os gañadores fixeran o gasto dos vales no tempo indicado. Aínda ai vales do sorteo de nadal sen consumir e as datas límites xa están chegando. Tamén manifestaron que das tarxetas dos días azuis, ai xente que non veu a recollelos.

Case que todos os premiados acudiron cos seus fillos e fillas a recoller o premio, que segundo manifestaban, tanto costou conseguir, porque segundo comentou algún dos presentes, non consiste solo en subir a foto, se queres que teña os “me gusta”, ai que curralo, pero sen facer trampas.

ProLimia quixo dar as grazas públicamente a todos os que participaron no concurso, e congratularse a mesma vez de que ProLimia, sexa hoxe referente para outras asociación gremiais.

27