Xa non cortarán a luz a quen non poida pagala

luz
Xa non cortarán a luz a quen non poida pagala

Trátase de "axudas urxentes" da Consellería de Industria.

A Consellería de Industria da Xunta de Galicia vén de convocar unhas "axudas urxentes" de tipo social para que as familias con menos ingresos poidan evitar que as compañías electricas lles corten a luz ou o gas. A iniciativa fóra aprobada no Parlamento Galego por unanimidade, a proposta dos grupos de oposición.

As axudas están dirixidas ás familias que acrediten que, en todo o ano 2015, non superaran os 6.390,13 € de ingresos.

O prazo de solicitude remata o vindeiro 15 de decembro de 2017 e a tramitación –así como a solicitude de máis información– pode realizarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xinzo de Limia.