Xinzo con 24 casos positivos está en vixilancia especial

elvira lama e cabas 2
Xinzo con 24 casos positivos está en vixilancia especial

Non nos podemos permitir que siga morrendo xente, pola inconsciencia de algúns

Na visita ao centro de Saúde de Xinzo Elvira Lama quixo facer unhas declaracións sobre a situación dos contaxios en Xinzo.

A pouco que suban os casos pasaremos a vixilancia extrema e por suposto con novas restricións (Elvira Lama)

elvira lama e cabas
Isto pasaría si seguimos a mesma proporción que nesta última semana que pasamos de 9 a 24 casos. Pasaríamos outra vez con peches perimetrais, cuestión que sería nefasta para todos. E isto podería pasar antes de fin de ano, posto que a seguinte revisión con toma de medidas farase o día 29.
Esperemos que isto se conteña, que a xente teña moito coidado e moito sentidiño en todas as ceas e reunións familiares, nas que debemos seguir as ordes das autoridades sanitarias.
Xa virán outras datas de nadal para celebracións.
Recordou Elvira Lama as verbas do ministro Illa, nas que dicía que non celebremos festas de Nadal que logo teñamos que chorar en Reis.
Xa se sabe de onde veñen esta subida nos contaxios?.
A alcaldesa foi moi categórica ante a pregunta, si se sabe. Tanto as autoridades sanitarias como a xerencia do CHUO, nos transmiten que estes contaxios veñen todos das xuntanzas destes días. As matanzas, hasta podían esperar continúa dicindo Elvira Lama.