XINZO ESTREA TETERÍA

Tetría
XINZO ESTREA TETERÍA

ART CAKE, onde o \“doce\” tomou vida

Chámase Iria Barreal, nada na Limia fai poucos anos e que por \“culpa\” do paro e dunha amiga, fíxose pasteleira autodidacta e desta maneira disfruta todos os días dende as cinco da maña, que se ergue para as nove e media ter o pasteis e doces a punto para os seus clientes.

Fai tan solo dous meses que unha amiga ía abrir un locla, e por terse que marchar a outro traballo, ela tomou a decisión de quedarse con el e poñer o negocio para o que se estivera preparando durante estes anos.Iria1.

YOUTUBE tiña todo o que ela pecisaba .

Fai dous anos e medio que voltando de Málaga e atopándose no paro, soubo sacarlle froito, neste caso un froito doce, as redes sociais demostrando que cun ordenador, un forno, fariña e algúns outros ingredientes , entre eles a boas mans aprendeu a facer \“cupcakes\”. Logo unha estancia en Barcelona cunha tía e cursos presenciais deron como froito a primeira tetería pastelería con que conta Xinzo. ART CAKE.

Prefiro dar moita calidade e recibir poucos cartos e moito cariño.

Todo o proceso de creación dos seus doces e completamente artesanal, con calidade, con detalles, ata nos envoltorios, para que todo quede \“cuquiño\”. Estes puideramos dicir que son os seus principios. Di que os seus produtos teñen un prezo razoable, posto que o que quere e que os clientes/as, volvan e sobre todo se encontren ben nas súas instalación da rúa Rosalía de Castro de Xinzo.

Ninguén ten que deixar de tomar os seus doces.

Nin os alérxicos a leite, nin a lactosa, nin o gluten, nin os diabéticos, nin os beganos (ela éo). Ninguén se quedará sen poder probar as súas especialidades.

TES E INFUSIÓNS ATA PARA NENOS

Outra das súas especialidades como non podería ser menos, tratándose dunha tetería son os Tes e as Infusións de todo tipo. Ten unha infusión que está feita con palomitas.Algunha delas de tanta exquisitez que están a venda para levar para os domicilios e saborealos en momentos íntimos.

ENCARGOS

Ademais de todas as variedades de doces, tartas e galletas, podemos encargar pans de todos os tipos, integrais, sen manteiga, etc e empanadas tamén das masas mais saborosas.

As tartas fanse como ós traxes \“a medida\” dos comensais.

A apertura da tetería comeza para o público as 09,30 ata as 14,30 e pola tarde de 16:30 a 20:30. Os fins de semana toca descansar un pouco e solo abre en sesión de maña.

Despois da conversa con Iria un dáse conta que o \“doce\” non solo está nos seus pasteis se non que neste caso pódese dicir que a dozura tena ela dentro e traspásaia as súas creacións.

IMG_8473A VIDA E COMO UN CUPCAKE, DOCE POR DENTRO E FERMOSA POR FORA

Esta é o slogan que nos encontramos na entrada no seu pequeño local, decorado tamén por ela en menos dun mes, rematando con outro pensamento de Iria, \“ Rille a Vida\”.

Efectivamente a propietaria leva esto último ata as últimas consecuencias, posto que en todo momento o sorriso está presente na súa faciana.