“Xinzo é hoxe a capital mundial da dignidade”

Camilo Dios 4
“Xinzo é hoxe a capital mundial da dignidade”

Desta maneira rematou o seu discurso o Presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero

A Casa de Cultura de Xinzo foi o lugar escollido polo grupo de estudantes da universidade de Santiago como traballo de remate dos seus estudos, que segundo dixo un dos oradores, foi cualificado de sobresaínte.

Ademais de Alonso Montero acudiron o acto Peña Rey e a recente elixida parlamentaria galega e secretaria xeral do partido comunista en Galicia Eva Solla, que eloxiou o esforzo, o traballo, a adicación e sobre de todos os principios cos que os catro xoves transmiten a todos con este traballo.

\“A miña ideoloxía,aínda hoxe non a teño clara\”

Camilo Dios 1Tomou tamén a palabra o protagonista,do acto e do documental Camilo de Dios, para sobre de todo agradecer a tódolos presentes, tanto escritores, arqueólogos, profesores e veciños e veciñas a súa presenza no acto.

Coa sorna que o caracteriza, afirmou na súa alocución, que cando comezou todo el era un rapaz, co cal a súa ideoloxía non a tiña moi clara. El tivo que botarse ao monte , porque cando chegou unha tarde a súa casa en Sandiás, esta estaba rodeada pola garda civil e si volvía íano deter.

Nos nunca fomos terroristas como dicían, o noso non era matar gardas civís, nos o único que pretendíamos era desestabilizar ó réxime para voltase a democracia. Nunca fomos xente do tiro na caluga. Iso si cando estábamos rodeados e entraban os tiros polas fiestras, intentábamos escapar chegada a noite.

Despois do visionado do documental, largamente aplaudido polo público que enchía o salón os que quixeron seguiron compartindo o día cunha comida nun restaurante da vila.