Xinzo respondeu á chamada do audiovisual galego na gala de presentación de “Os tempos do Führer”

Gala7(1)
Xinzo respondeu á chamada do audiovisual galego na gala de presentación de “Os tempos do Führer”
O sábado presentouse na Casa da Cultura a obra “Os tempos mortos do Führer”

Os veciños de Xinzo responderon á chamada do audiovisual galego. O sábado presentouse na Casa da Cultura a obra “Os tempos mortos do Führer” e foron decenas as persoas que asistiron e mostraron o seu apoio a un proxecto que ten unha enorme vinculación coa vila, xa que o coordinador, Javier Santana, é natural do concello.

Gala2A web serie ten como director a Daniel Rodríguez. Durante a proxección, de 50 minutos, os espectadores tiveron ocasión de coñecer a que dedicaba Hitler o seu tempo libre, afondando nos seus enredos, problemas, risas e sentimentos. Tamén se achegaron a unha exposición cos obxectos máis emblemáticos da webserie.

Javier Santana e Patricia F.Santana, foron os responsables da comunicación do proxecto(o primeiro) e a presentadora do acto. Os dous son veciños da Limia.

Maña dendealimia.com, publicará un amplo reportaxe fotográfico do photocall na alfombra roxa.