Xinzo será distinguido como Concello Solidario

197
Xinzo será distinguido como Concello Solidario

Polas máis de seiscentas doazóns de sangue no ano 2016

O Concello de Xinzo recibirá o próximo día 14 de Xuño, día Mundial de doazóns o distintivo de ser un dos concellos coa poboación mais solidaria de Galicia, no tocante a doazóns de sangue.

SEISCENTAS ONCE

Concretamente na unidade que se despraza habitualmente ata Xinzo, no ano 2016 rexistráronse 611 actos de doazón de sangue que corresponden a 61/ por 1.000 habitantes . Unha taxa das mais altas de Galicia.

Por este motivo ese día 14 o alcalde recibirá de mans do Conselleiro de Sanidade na Cidade da Cultura de Galicia o diploma que así o acredita. Tan só outro concello da provincia de Ourense recibirá a mesma distinción.

237\“Eu recollerei a distinción en representación de todos os veciños e veciñas ,a cal acredita a alta solidariedade das xentes do noso Concello\”.Esta é unha desas ocasións en que un se sinte moi orgulloso de ser alcalde deste pobo, manifestou Antonio Pérez.