XINZO TAMEN EXPORTA EMPRENDEDORES

1
XINZO TAMEN EXPORTA EMPRENDEDORES

Magic Day Eventes \“soluciónache os problemas máis persoais nas túas celebracións\”

Magic Day Eventes \“soluciónache os problemas máis persoais nas túas celebracións\”

Definir o que é Magic Day Eventes sería un pouco difícil, posto que non é unha tenda, e si.

Tania Salgado unha mestre e administrativa, por mor da crise, como moita xente nova tivo que montar o seu propio medio de traballo. Pero antes pasou o acontecemento que soe ser un dos máis importantes das nosas vidas, cal é o día do casamento. Cando o decidiu, hai pouco máis de 12 meses encontrouse con que todo aquilo que ela tiña na súa cabeza para o seu gran día, non había quen llo ofrecera.

Deste feito xurdiu a idea de ofrecer a tódolos que pasan por ese feito e outras celebracións máis non sufrirán o que ela.Foi cando se lanzouse o mundo do emprendemento montando Magic Day Eventes.5

Afincada en Xinzo fai uns anos o primeiro sitio en que pensou, foi loxicamente en Xinzo, pero a cousa púñase difícil, posto que como confesa, en Xinzo os alugamentos son moito máis altos que en Ourense.

NON NOS CEÑIMOS A UN CATÁLOGO

De paseo polas rúas céntricas da capital atopan un letreiro dun local que se alugaba. A rúa Sto. Domingo no nº 45 foi o escollido. Sitio peatonal, para non ir con presas e poder explicar as solución ás necesidades de cada cliente.

Nos non nos ceñimos a un catálogo e nada máis. Nos tratamos de interpretar o que os nosos clientes queren para agradar os amigos en calquera das súas circunstancias e si non o hai fabricámolo. Esa é a nosa diferenciación cos demais establecementos que pode haber na cidade.

MESAS DOCES , FROITAS E FOFUCHAS

Ultimamente estase ofrecendo nas vodas a media tarde ou a media noite, segundo a hora da celebración unhas mesas con doces ou froitas que fan que ese evento sexa inesquencible.

Tamén agora ofrecemos, tanto nas comunións, vodas ou calquera outra celebración as FOFUCHAS dos persoeiros que están de celebración.

ACOMPAÑAMENTO CONTINUO

Outra das diferenciacións coas outras empresas que ofrecen estes mesmos 3servizos, é que nos acompañamos as persoas dende o minuto un ata o final da celebración, en todas as etapas. É igual que eles xa teñan provedores, como que nos lle ofrezamos os nosos, e o máis importante é que non lles vai a custar máis o evento.

Nos estamos pendentes de que todo saia como eles querían , sen que eles se teñan que estar preocupando durante a celebración.

Así naceu e así traballa esta Limiá que tivo que ir co seu proxecto ata Ourense , podendo localizala na rúa Sto.. Domingo 45, nas galerías Viacambre ,26. O tf é o 988 98 20 75 e pódena seguir no F Magic day events

2