Xinzo xa é sede dunha titulación da UNED

546
Xinzo xa é sede dunha titulación da UNED

Comezou o curso para directores de Bandas

O venres pola tarde o alcalde de Xinzo fixo acto de presenza na sede da Agrupación Musical da Limia, para que o seu director técnico José Luís Tielas e o seu Presidente Jaime Collazo lle presentaran aos alumnos da primeira promoción de aspirantes ao título de Directores de Bandas musicais.

Logo de percorrer as instalacións recentemente remodeladas na rúa Ladeira Antonio Pérez saudou un por un aos 16 alumnos participantes.

ALUMNOS DE TODA GALICIA, CASTELA E PORTUGAL

547

Os 16 alumnos desprázanse ata Xinzo dende as súas localidades de orixe, tanto das catro provincias galegas como de Portugal e da Comunidade de Castela León. Tamén lles foron presentados os profesores que levarán a cabo o curso que comezou este venres e rematará o 22 de abril do 2018, despois de haber asistido a 68 horas practicas.

PIONEIROS EN ESPAÑA

Jose Luís TielasJosé Luís Tielas, coordinador e promotor deste curso manifestou que nestes momentos non hai ningunha titulación oficial para aqueles que queiran dirixir bandas de música.

Normalmente os directores solen ser titulados de conservatorio que se dedican a dirixir a outros profesionais, ou non, pero que forman as moitas bandas que hai no territorio nacional e que en Galicia, nos últimos anos están aumentando moito.

Ata agora todos nós temos que ir a formarnos con outros profesores polo territorio nacional. No meu caso desprázome todos os luns ata Madrid para recibir 14 horas de clases prácticas nun so día.

Este ano creouse a partir da Agrupación Musical da Limia unha Escola Musical da Limia (ESMULI). Esta escola ofrece unha formación musical NON regrada oficialmente. O que si soe suceder é que o noso alumnado unha vez que cumpren 10 ou 11 anos e xa teñen unha formación práctica e queren recibir unha titulación oficial, matricúlanse e seguen os estudos xa no Conservatorio.

Neste momento na nosa escola reciben clases mais de 80 alumnos e alumnas de todas as idades, dende os 4 ata os 84.

Tres son os profesores que se fan cargo das clases, Óscar López, Efrén Martínez e o propio Tielas.

Doce horas de ensaio todos os fins de semana son as que \“traballan\” os membros da Agrupación Musical que o próximo domingo se desprazarán ata Santiago para participar nun festival de bandas.

CONCERTO DE NADAL

Tamén nestes momentos xa están preparando o concerto que habitualmente ofrecen en Nadal e que este ano volven a repetir no escenario da Igrexa Nova, non solo pola súa acústica, se non porque agora con todos os novos instrumentos de sinfónica, xa non cabería no escenario da Casa de Cultura.