A rúa máis comercial de Xinzo, xa conta con un novo establecemento. Desta vez tócalle o turno a artesanía feita a man. Mª José Carrera, máis coñecida como “Ye”, foi a anfitriona dos moitos veciños e amigos que se achegaron para ver o seu novo establecemento.
Despois da súa experiencia noutros negocios agora quere ofrecer ó publico da vila en primeiro lugar e a medio prazo por internet os traballos que ela mesma leva facendo nós últimos meses e que agora quere ofrecer a todos.
Tódolos produtos postos a venda, teñen que cumprir que sexan feitos a man, nos solo por ela se non por outros artesans que queiran ter os seus traballos en “Yeyadas”.
Outra vez máis e unha alegría que nestes tempos a xente se decida a abrir un novo negocio. Parabens e moita sorte.