O xoguetes da campaña dos hostaleiros de Xinzo xa están repartidos

1234
O xoguetes da campaña dos hostaleiros de Xinzo xa están repartidos

Máis de corenta familias da Limia recibíronos das mans do Concelleiros de SS.SS Alberto Martínez

A recen creada Asociación de hostaleiros de Xinzo e os bares promoveron unha campaña de recollida de xoguetes en colaboración con algunhas asociacións xuvenís.

123456

Os servizos sociais do Concello de Xinzo e as educadoras do CDR O Viso encargáronse de revisar, embalar e repartilos adecuadamente entre as familias desfavorecidas para que ningún nen@ quedara sen agasallos este día tan sinalado na nosa tradición.

O Concelleiro Alberto Martiños Morales facía un agarimoso agradecemento a todas as persoas que participaron nesta campaña declarando que outro mundo é posible se todas as persoas colaboramos.

O reparto chegou a máis de corenta familias. Contribuír con esta complicidade para que nenas e nenos en situación vulnerable reciban algún obsequio ven a ser unha achega máis a facermos un mundo máis xusto e fraterno.