A Xunta aportará 35.000 € extra por cada proxecto no agro proposto polos GDR

230908_cons_MR_GDR
A Xunta aportará 35.000 € extra por cada proxecto no agro proposto polos GDR

A Xunta e a Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural reforzan a súa colaboración a prol do agro galego

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo unha reunión de traballo co presidente da Asociación de grupos de desenvolvemento rural (GDR) de Galicia, José Antonio Santiso, e outros membros desta entidade.

Na xuntanza acordouse reforzar a colaboración institucional entre a Xunta e esta asociación para impulsar o desenvolvemento rural de Galicia e púxose en valor o papel dos 24 GDR da nosa comunidade na xestión dos fondos Leader e, en xeral, a súa contribución á dinamización do agro galego. Avaliouse, neste sentido, a posta en marcha das diferentes estratexias destes grupos cara a novo período 2023-2027, para o que contan cunha axuda da Xunta de 35.000 euros cada un, o triplo que na convocatoria do ano 2016.