A Xunta recupera a mobilidade nocturna con non conviventes e amplía os horarios de hostalería e lecer nocturno

Banda B. ensaio na praza 1
A Xunta recupera a mobilidade nocturna con non conviventes e amplía os horarios de hostalería e lecer nocturno

As novas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro sábado 29 de xaneiro

Permítese de novo o consumo en barras e ampliase até 15 persoas a ocupación máxima das mesas emprazadas nas terrazas dos locais

O comité clínico aproba o protocolo elaborado pola dirección xeral de Saúde Pública de cara a gozar dun xeito seguro da festividade do Entroido

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou esta mañá en rolda de prensa, das decisións acordadas polo Comité clínico na súa xuntanza de onte, e entre as que destaca a supresión da limitación de xuntarse na vía pública con persoas non convinventes durante a madrugada.

O anuncio prodúcese logo de que a comunidade galega rexistrase varias xornadas de mellora nos seus datos epidemiolóxicos, atopándose na actualidade nunha “situación de estabilidade”, tal e como remarcou o titular do departamento sanitario da Xunta.

Praza Maior coa hostalería pechadaTras avaliar os datos epidemiolóxicos da comunidade, o grupo de expertos que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia acordou tamén recuperar os horarios de apertura na hostalería e na restauración. Así, amplíanse estes horarios até a 01,00 h da madrugada -entre as xornadas do domingo e o xoves-, e até a 01,30 h durante os días da fin de semana.
Do mesmo xeito, desde o vindeiro sábado 29 de xaneiro, en que entrarán en vigor as novas medidas, as mesas emprazadas no exterior destes locais poderán ter unha ocupación máxima de 15 persoas, manténdose o límite de 8 persoa nas mesas interiores. Así mesmo, voltará a estar permitido o consumo en barras e a realización de cócteles de pé.
No que atinxe aos locais do ocio nocturno, o seu horario de apertura ampliarase até ás 04,30 h da madrugada durante os días da semana, e até as 05,00 h nos días da fin de semana.
Nestes eidos, e de ser ratificado polo TSXG, durante alomenos 15 días máis seguirá a ser obrigatorio exhibir os certificados covid para acceder aos locais de hostalería, restauración e ocio nocturno durante a totalidade do seu horario de apertura.
Outra decisión salientable no desescalado das medidas acordado polo comité clínico, é a posibilidade de voltar a celebrar concertos e espectáculos de pé.

O conxunto destas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro sábado, 29 de xaneiro.

Ademais estará prohibido fumar, incluídos cigarrillos electrónicos, no espazo público.

As condicións da obriga de presentar os certificados covid-19 seguirán a normativa que estea vixente no momento da celebración do Entroido