Xuntanza con comerciantes e empresas limiás

prolimia
Xuntanza con comerciantes e empresas limiás

Mañá venres día 17, as 20:30 horas no salón de plenos do Concello.

O concelleiro de facenda e promoción Económica Manuel P. Campos convoca ao comercio e empresas de Xinzo a unha reunión para falar sobre a campaña de Nadal e sobre todo para ver do relanzamento de ProLimia, ou outra asociación.

Os comerciantes de Xinzo da Limia consideran necesario a reactivación da asociación para levar a cabo iniciativas como as desenvolvidas durante o Nadal que fomenten o consumo.

Esta xuntanza servirá para decidir se finalmente se retoma a asociación Prolimia ou, en caso de que non se chegue a un acordo, se plantexe a apertura dunha nova asociación dende cero.

Perez CamposDende o Concello, avógase pola continuación de Prolimia, posto que se trata dunha “asociacion decentemente montada”, tal e como asegura o responsable de área de Promoción económica de Xinzo, Manuel Pérez Campos. Ademais, pola ausencia desta reactivación perdéronse xa subvencións como a que aporta o propio Concello, dotada de 3.000 euros anuais.
Ademais, durante o Nadal desenvolvéronse iniciativas propias que resultaron eficientes. Tal e como afirma unha das comerciantes, Josefa Devesa, “non podemos tirar foguetes, pero notouse algo máis de movemento que se non fixéramos nada”. Dende o Concello transmitiuse tamén a intención de dar apoio a unha asociación que consiga unha directiva “que faga o que teña que facer co noso apoio”.
Nos próximos días convocarase aos empresarios, así como a todos os socios antigos, coa esperanza de chegar finalmente a un acordo de cara aos próximos eventos como Semana Santa, unha boa oportunidade para fomentar o comercio local.