Os allos saíronlle caros a unha veciña de Trasmiras

Imaxe dun Garda Civil.
Os allos saíronlle caros a unha veciña de Trasmiras

Parouna a Garda Civil conducindo sen carnet e saltándose o confinamento, para ir a buscar allos

A Garda Civil de Tráfico de Ourense, cando se atopaba realizando labores propios da súa especialidade, á altura do Quilómetro 191 da Nacional 525, termino municipal de #Trasmiras, inspeccionou un vehículo, conducido por unha veciña de #Trasmiras de 26 anos de idade. Os axentes puideron comprobrar, tras solicitarlle a documentación e o motivo do desprazamento, que a condutora carece de permiso de condución, e alega que saíra a comprar allos para plantar nunha propiedade próxima ao seu domicilio, motivo polo que lle imputan un delito contra a seguridade do tráfico e confeccionan a correspondente denuncia por incumprimento da orde de confinamento, decretada polo estado de alarma .