O BNG de Trasmiras ponse a disposición da corporación municipal para achegar ideas, como realizar unha Comisión de seguimento da Covid

concello de trasmiras
O BNG de Trasmiras ponse a disposición da corporación municipal para achegar ideas, como realizar unha Comisión de seguimento da Covid
Solicitan un cribado masivo, único xeito de coñecer a situación real do concello

Despois de ver os datos alarmantes de contaxios de Covid-19 no noso concello e a suba a nivel máximo de restricións, queremos facer unhas recomendacións á cidadanía e achegar as seguintes medidas á Xunta de goberno actual:e pórlle freo.

Según fixo público o actual rexedor no último Pleno Ordinario, ten unha listaxe cos nomes de traballadores/as e autónomos, que desempeñan o seu traballo cara ó público no noso concello, para facerlles as PCR chegada unha situación de nivel máximo como a actual.

Que se faga un chamamento ao autoconfinamento de todas as veciñas e veciños, e que se reduza a mobilidade o máximo posible, deixando esta só para realizar actividades esenciais como: ir ao traballo, ao médico, mercar alimentos, etc.

A desinfección de espazos públicos nas nosas aldeas, así como daqueles obxectos que comparten veciños e veciñas, tales como colectores de lixo, bancos, marquesiñas do autobús, etc.

Tratar por todos os medios de frear os contaxios, incluso coa adopción de medidas máis restritivas.

Poñémonos a disposición da corporación municipal para achegar ideas, como realizar unha Comisión de seguimento da Covid, tal como se fixo noutros concellos e axudar en todo o necesario.

Este é o momento de que todas e todos nos unamos e traballemos máis ca nunca polo ben das nosas veciñas e veciños. Non podemos permitir que a pandemia siga avanzando de forma descontrolada no noso concello, pois os datos actuais son alarmantes e a pasividade non pode ser a resposta a esta situación.

Xa por último, queremos transmitir unha mensaxe de ánimo a todas as persoas que estean pasando a enfermidade e ás que se atopan confinadas nas súas casas á espera dos resultados das PCR. Paciencia e moito ánimo.