Os detidos en Trasmiras por transportar heroína din descoñecer que a droga viaxaba no seu vehículo

a52
Os detidos en Trasmiras por transportar heroína din descoñecer que a droga viaxaba no seu vehículo

A semana pasada a Garda Civil procedía á detención de dous homes que transportaban 8,6 quilos no seu coche á altura de Trasmiras, na A-52. Viaxaban nun Volkswagen Golf dirección Benavente cando unha patrulla da lles deu o alto. Tras pasar a disposición xudicial ámbolos dous permanecen no cárcere ourensán de Pereiro de Aguiar.

Entre tanto os axentes continúan coa investigación aínda que non atopan un fío condutor. Un dos detidos negouse a declarar e o outro sinalou que descoñecía que a heroína viaxaba no vehículo.Polo momento os rexistros practicados non deron ningún fruto e tampouco se coñece cal era o destino final da droga incautada.

A Garda Civil sospeita que ambos pertencen a unha rede de narcotráfico que estaría asentada na provincia de Pontevedra, e que segundo recollen algúns medios, tería desaparecido sen deixar rastro.