Dous profesores da escola de música de Trasmiras abandonan por falta de pago

musica
Dous profesores da escola de música de Trasmiras abandonan por falta de pago

A escola de música de Trasmiras perde a dous profesores que segundo recolle un medio de comunicación, trátase do que fora director e impulsor da banda, músico encargado da sección de vento-metal, Óscar López, e o docente de percusión, piano e linguaxe musical, Efrén Martínez. O motivo é que levan varios meses sen recibir o seu correspondente soldo polo que non exercerán como docentes no vindeiro curso.

A esta situación chegouse porque a contía que pagan os integrantes da escola de música non chega para cubrir os gastos do persoal. Así pois a asociación que xestiona o centro tivo que recurrir ó convenio que asinaron o Concello de Trasmiras e a Deputación de Ourense para poder reunír o resto das remuneracións.

Sucede que todos estes trámites van con retraso o que provoca que non se paguen a tempo e con moitos meses de retraso, os salarios dos profesores.

O alumnado e os seus familiares xa declararon que van facer todo o posible para recuperar a estes dous docentes. Manifestaron que se a Administración non resolve o problema van recurrir á alternativa privada.

A escola de música de Trasmiras é a que máis alumnos e alumnas ten de todo o sur de Ourense dende que abriu as súas portas en 2011. A súa banda de música capitaneada por Ósca López ten colleitado numerosos éxitos. Recentemente tres dos seus integrantes foron elexidos como únicos representantes de Ourense para formar parte do proxecto da Sinfónica Infantil de Galicia.