Escornabois (Trasmiras) concentrará preto de 300 hectáreas de terreo

foto cedida
Escornabois (Trasmiras) concentrará preto de 300 hectáreas de terreo

Este proceso declárase mediante a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte o decreto da Consellería do Medio Rural polo que se declara de utilidade pública a concentración parcelaria de Escornabois, no concello ourensán de Trasmiras. Deste xeito, prevese reorganizar unha superficie de 293 hectáreas repartidas en 2.632 parcelas propiedade de 711 veciños.

mapa escornabois
mapa escornabois

Así, cómpre indicar que este novo decreto de concentración parcelaria declárase mediante a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción.

De feito, o municipio de Trasmiras sitúase na comarca da Limia, que destaca pola importancia do seu sector primario cunha importante implantación de explotacións gandeiras, ademais de cultivos de pataca, millo, cereal e hortícolas extensivos.

Ademais, cabe sinalar que neste concello desenvolvéronse un total de cinco procesos de reordenación parcelaria (Chamusiños, Trasmiras, Viladerrei, Vilar de Lebres e Zos), que supuxeron unha superficie total de 4.293 hectáreas concentradas cun resultado total de 7.230 predios de substitución e 5.258 propietarios beneficiados.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230327/AnuncioG0426-170323-0009_gl.html