A Garda Civil investiga a un home como presunto autor do incendio forestal de Abavides

abavides
A Garda Civil investiga a un home como presunto autor do incendio forestal de Abavides

J.A. de 62 anos e veciño de Montealegre está sendo investigado como presunto autor do incendio que tivo lugar o luns en Abavides. Segundo informou a Garda Civil o lume forestal produciuse a causa dunha neglixencia.

Tras tomarlle declaración, os axentes sospeitan que as lapas orixináronse por mor duha chispa que saltou dunha empacadora coa que este home estivera traballando.

O incendio rexistrouse na tarde do luns en Abavides e como consecuencia queimouse unha hectárea arbolada e 0.7 de monte baixo.