3 de junio de 2022, 20:55

Isaac Alonso Estraviz, autor do recoñecido dicionario que leva o seu nome entre outras publicacións, ten a intención de ceder a súa biblioteca persoal ao concello de Trasmirás. Coa condición de que sexa unha biblioteca aberta á consulta. O alcalde, Emilio Pazos, asegura que a Casa da Cultura estará preparada nuns meses para acollela.