Comeza a limpeza do río Trasmiras

Comeza a limpeza do río Trasmiras
Estas actuacións iniciadas hoxe, terán unha duración de máis de 3 meses e supoñen un investimento estimado de 62.000 euros.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, continúa traballando na limpeza das canles e marxes dos ríos de Ourense, obras nas que o investimento previsto para 2022 supera os 2,4 M€.

Comezaron as obras do regato das Regadas e do río Trasmiras, ao seu paso polo concello ourensán de Trasmiras.

Na inspección previa da zona detectouse unha importante presenza de restos de madeira e abundante vexetación que nalgúns puntos invadiu parcialmente o cauce do río, reducindo a capacidade de drenaxe, ademais de árbores secas en pé, algunhas árbores caídas e árbores inclinadas con risco de caer en dominio público hidráulico e zona de servidume.

Os traballos consisten na tala, picado, amontoamento e retirada de árbores secas en pé, árbores caídas e árbores inclinadas en risco de caída presentes no primeiro tramo do río Trasmiras e no tramo final do Regato das Regadas. Poda dos exemplares cuxas pólas invaden as fincas lindeiras máis alá da zona de servidume, corta con brotes de salgueiro para a revexetación dalgunhas zonas onde non existe presenza de vexetación arbórea ou arbustiva, especialmente na desembocadura do río Trasmiras.

Ademais, realizaranse rozas selectivas e desmontes en dominio público hidráulico e zona de servidume, especialmente nos puntos onde a vexetación invada o cauce do río.

Estas actuacións iniciadas hoxe, terán unha duración de máis de 3 meses e supoñen un investimento estimado de 62.000 euros.

"Cremos que a conservación dos nosos cauces é a clave para que os cidadáns coñezan e valoren a riqueza natural que forman os ríos e o ecosistema que os sustenta, sabendo valorar, este é o obxectivo", concluíu o presidente.