Pasan a disposición xudicial os detidos en Trasmiras por transportar 8,6 quilos de heroína

a52
Pasan a disposición xudicial os detidos en Trasmiras por transportar 8,6 quilos de heroína

Os axentes da Garda Civil dan un novo golpe contra o narcotráfico. Desta volta detiveron ós ocupantes dun vehículo que portaba no seu interior 8 quilos e 600 gramos de heroína.

Os dous homes viaxaban nun Volkswagen Golf dirección Benavente cando unha patrulla da Garda Civil lles deu o alto na A-52 ó seu paso por Trasmiras. Xa lles seguían a pista dende que saíran dunha localidade da costa galega.

Os axentes simularon un control rutinario de velocidade e unha vez que pararon o vehículo procederon a súa inspección. De seguido atoparon varios paquetes que contiñan un po branco que semellaba ser heroína e que podería acadar un valor de máis dun millón de euros no mercado. Os ocupantes do coche reaccionaron sorprendidos e negaron ter constancia da orixe da droga.

A Garda Civil detivo ós dous homes veciños de Ourense que nas vindeiras horas van pasar a diposición xudicial do xuíz de Xinzo.

A operación permanece baixo segredo de sumario e agora investígase si os detidos pertencen a unha rede de narcotráfico.