O profesor Isaac Alonso Estraviz vai recibir o premio Arraiano Maior 2015 no Xurés

isaac
O profesor Isaac Alonso Estraviz vai recibir o premio Arraiano Maior 2015 no Xurés

O colectivo Arraianos quere destacar a labor deste intelectual nado en Trasmiras

Persoa de ben, referente ético e comprometido coa cultura e o territorio arraiano. Así definen a Isaac Alonso Estraviz que o vindeiro sábado 19 de setembro recibe o galardón Arraiano Maior 2015 na capela da Nosa Señora do Xurés.

De Alonso Estraviz destacan o seu traballo sen descanso para lograr que o galego recuperase o seu esplendor e deixase de ser unha lingua empobrecida. Formouse en Filoloxía Románica e doutorouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela.

De entre as súas publicacións destaca o Dicionário da Lingua Galega (Edición Sotelo Blanco 1995) escrito orixinalmente en reintegracionismo. A última versión deste dicionario está dispoñible na web, é de consulta libre e recibe o nove de e-Estraviz. Actualmente ten rexistradas máis de 133.000 visitas.

Isaac Alonso Estraviz recibirá a guillada e a pucha que o calificarán como o Arraiano Maior deste 2015. A maiores váiselle entregar un diploma do colectivo luso Porta XIII, que foron premiados na edición pasada.