Trasmiras non indemniza a unha veciña porque debía coñecer o mal estado da estrada

FB_IMG_1547068900914
Trasmiras non indemniza a unha veciña porque debía coñecer o mal estado da estrada

Tivo un accidente leve e contéstanlle que xa debería sábelo que estaba mal

María del Mar Alonso, veciña do concello de Trasmiras, tivo un pequeno accidente co seu coche na estrada de Abavides a Vilaseca, cuxo estado, todos podemos comprobar nas fotos.

O accidente tivo lugar a finais do mes de Xullo, cando viña de traballar a mediodía sobre as 13.45h. e ía no meu coche cara miña casa sita no pobo de Vilaseca, e debido o mal estado da estrada, chea de fochas, metín unha roda nun sufrindo un rebentón e dano no disco dianteiro do copiloto.

En principio o alcalde díxolle que presentara a denuncia que o concello lle aboaría os desperfectos.

catsDespois de falar co alcalde de Trasmiras, que me asegurou facerse cargo dos danos, iso si, poñendo a reclamación pertinente no Concello, chegoume a resolución antonte que me denegan o pago do que reclamo, cunha argumentación de película; recoñecen que a vía estaba en pésimas condicións, pero que como a transito de forma habitual todos os dias, puiden ter evitado o incidente que sufrín.

Na resolución o concello, ademais de dicirlle que non queda demostrado que foi nese lugar o accidente, tamén lle contesta que ela tiña que saber como se atopaba xa o firme da estrada, pois levaba así moito tempo, polo que non hai lugar a indemnización por parte do seguro do concello.