Trasmiras terá dúas rutas de senderismo no castelo

200219 Trasmiras1
Trasmiras terá dúas rutas de senderismo no castelo

Ángeles Vázquez compromete a súa colaboración para acondicionar dúas rutas de sendeirismo no castelo, en Trasmiras

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, comprometeuse a poñer en marcha a colaboración necesaria para executar un proxecto de creación e acondicionamento de dúas rutas de sendeirismo no Concello de Trasmiras, na zona do Castelo.

Vázquez Mejuto mantivo unha reunión de traballo co alcaldes de Trasmiras, Emilio José Pazos Ojea, ao que lle trasladou o compromiso do departamento que dirixe con esta actuación que permitirá definir dous novos itinerarios para transitar a pé ou en bicicleta.

200219 Trasmiras2Segundo o proxecto presentado á conselleira, a creación destas rutas aproveitará pista e camiños xa existentes, nos que se acometerán obras ou melloras de pequena entidade, co fin de acondicionados e sinalizados. Tamén se prevé a definición de espazos de descanso e miradoiros, para admirar a riqueza paisaxística e natural desta zona.

A conselleira felicitou a Pazos Ojea por potenciar este tipo de iniciativas, pois ademais de ser ferramentas que poñen en valor o patrimonio natural da zona, son unha aposta por crear atractivos turísticos e atraer aos visitantes a recorrer a zona e gozar dos valores deste concello.

Outro dos temas abordados durante a reunión foi a necesidade de dispor se solo empresarial no municipio. Nese sentido, Ángeles Vázquez salientou a necesidade de redactar un plan especial para definir unha área industrial; para o que disporá da colaboración do Instituto Galego de Vivenda e Solo.