A Xunta de Goberno da Deputación aproba axudas para Lobios e Trasmiras

Xunta de Goberno 150917
A Xunta de Goberno da Deputación aproba axudas para Lobios e Trasmiras

Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada esta mañá un total de 249.679 euros en axudas para entidades e concellos da provincia de Ourense destinadas a cuestións de Servizos Sociais, Infraestruturas, Medio Ambiente e Cultura. Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 15 de setembro.

Trasmiras e Lobios vense beneficiados polas axudas da Deputación de Ourense.

Para o Concello de Trasmiras aprobou unha axuda de 23.000 euros para actividades culturais a realizar no Entroido, Letras Galegas, San Xoán, festas patronais e diversos talleres.

Asemade, a Xunta de Goberno aprobou dúas modificacións do Plan Provincial de cooperacións ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2017. A primeira delas refírese ao municipio de Lobios que incorpora ao plan principal a obra "acondicionamento de xardíns municipais", cun orzamento de 55.000 euros, en substitución da obra "acondicionamento da praza Barreal, xardíns municipais".