Fai escasos minutos tivo lugar un sinistro vial consistente na colisión dunha furgoneta e un motorista no pobo de Maus, entre Arnuide e Vilar de Barrio.
No desgraciado accidente perdeu a vida o condutor da moto.
Ata o lugar do sinistro trasladáronse efectivos do parque de bombeiros comarcal de Xinzo, Garda Civil de Tráfico e ambulancias do 061.