A ANPA de V.de Barrio resposta ós comentarios feitos por a delegada da Xunta

IMG-20181025-WA0011
A ANPA de V.de Barrio resposta ós comentarios feitos por a delegada da Xunta

Refricten con datos, os que deu Marisol D.Mouteiro a semana pasada

Á Xefa Territorial Marisol D. Mouteira:

Dende a Asociación de nais e pais do CEIP de Vilar de Barrio, contestámoslle dirixíndonos a vostede dende a prensa, tal como vostede fixo.

Dende o 2016, ano no que a profesora de inglés do noso centro pediu concurso de traslados para outro colexio, a súa praza non foi restituída. Dende entón contamos con 3 profesores definitivos máis a directora sobre catálogo, tendo 1 unidade de infantil e 2 de primaria, poñémoslle exemplos doutros ccentros que están nunha situación similar:

IMG_7373Avión: director sobre catálogo. Alumnado: 11 de infantil e 28 de primaria (39 en total) , 3 menos ca nós.4 profesores en definitivos.

Baños de Molgas: director sobre catálogo e 4 docentes. Alumnado: 8 infantil, 26 primaria (34 en total), 8 menos ca nós.

Cartelle: director sobre catálogo. Alumnado: 10 infantil, 22 primaria (32 en total), 10 menos ca nós.

Carballeda de Avia: director sobre catálogo. Alumnado: 14 de infantil e 22 de primaria (36 total), 6 menos ca nós.

Castrelo de Miño: director sobre catálogo e 4 docentes definitivos no centro. Alumnado: 11 infantil, 19 de primaria (30 en total) 12 menos que o noso!!!!

Ramirás: director sobre catálogo e 4 docentes definitivos no centro. Alumnado: 13 infantil e 28 primaria (41 en total), un alumno/a menos.

Sandiás: directora sobre catálogo. Alumnado: 12 infantil, 26 primaria (38 en total), catro alumnos menos ca nós.

Vilamartín de Valdeorras: idem. Alumnado: 10 de infantil, 19 primaria (29 alumnos/as), 13 alumnos menos!!!!!!!

Vendo estes datos entendemos que non se pode traballar con “sentidiño” se non cumpren o acordo de catálogos. Apelamos precisamente ó sentido común da Consellería de Educación para manteren o asinado. Nós non temos pena, máis ben, orgullo, pois o noso centro segue a ser un referente, con profesorado implicado e familias activas que participan na vida escolar, reformando o patio escolar, ou pedindo o xusto, o que nos corresponde.

Concluímos pedindo que se ateñan ó acordo asinado no 2007 referente ós cadros de persoal en infantil e primaria, xa que contando o noso centro con 42 alumnos, por tanto o cole de 1 unidade de infantil e 2 de primaria que máis alumnado ten, dispomos dun profesor menos que os centros que están na vosa situación, chegando a cifras como 12 ou 13 de diferenza con Castrelo de Miño e Vilamartín de Valdeorras. SOLICITAMOS nos sexa restituída a PRAZA que nos corresponde, neste caso de INGLÉS