A parella do condutor denunciado pola Garda Civil en Vilar de Barrio por traslado en coche dende Vigo, afirma que vive fai 7 anos en Vilar de Barrio, aínda que efectivamente no seu carne de conducir aparece aínda o domicilio anterior en Vigo.
Dende o momento que nas redes sociais están a difundir a noticia, estou a sufrir un acoso por parte dos “cibernautas” que non da soportado, afirma a parella do condutor, posto que todo o mundo recoñece o seu vehículo.