Continúan as obras no Centro de Saúde de Vilar de Barrio

Visita centro de saúde de Vilar de Barrio
Continúan as obras no Centro de Saúde de Vilar de Barrio

Repáranse as portas interiores e procedeuse ao pintado interior así como a substitución dos estores.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, o xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, Felix Rubial acompañados do alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde, visitaron as obras de reforma do centro de saúde de Vilar de Barrio.

O orzamento executado foi de 8.900 euros e froito dun convenio de colaboración entre a Xunta e o Goberno local ao tratarse dun edificio de titularidade municipal. Pola súa parte, o Concello foi o encargado de levar a cabo as actuacións necesarias para a correcta execución das obras coa redacción do documento técnico necesario para a execución das obras, licitación e execución das mesmas.

As obras consistiron na reparación das portas interiores e procedeuse ao pintado interior así como a substitución dos estores.