Controvertidas comunicacións do alcalde de Vilar de Barrio

canvas
Controvertidas comunicacións do alcalde de Vilar de Barrio

Tamén cre que todo e froito da tensión da situación da pandemia e destas datas

Nunha nota informativa de onte ás 13:13 dicía:

canvasCASO SARREAUS. Os datos oficiais son alarmantes: 43 positivos. A cercanía de parroquias dese Concello (Codosedo, Pazos, Bresmaus, Portela, Cortegada e Folgoso) fai aconsellable unha vixilacia por partes d@s veciñ@s de Vilar de Barrio, Bóveda, Vilar de Gomareites, etc.. De momentos non decretaron a perimetración do Concello de Sarreaus. Esta Alcaldía demandoulle ás Autoridades Sanitarias medidas efectivas para evitar a mobilidade da poboación do Concello de Sarreaus para evitar a propagación do virus.
Ante os comentarios na propia páxina do concello sacou unha nota aclaratoria na que expresaba :
Que mágoa!!!
A demanda de medidas de contención do virus, aplicadas en casos de inferior entidade, non son un ataque. SON UNHA NECESIDADE.
En primeiro lugar, para os propios veciños e veciñas de Sarreaus, que de seguro son os primeiros en querer mellorar a situación.
En Vilar de Barrio, desafortunadamente, pasamos por elo hai uns meses... por eso sabemos que non se pode mirar para outro lado. HAI QUE ADOPTAR MEDIDAS. E perimetrar Sarreaus, como se fixo con Xinzo, Ourense, Allariz,.. con incidencias moi inferiores NON É UN ATAQUE. NON É INSOLIDARIDADE.

O contrario, dende o Concello de Vilar de Barrio estamos o dispor do Concello de Sarreaus e dos seus veciños, tal e como se lle comunicou dende o primeiro día ao seu Rexedor.

Moito ánimo e moita forza para tod@s, para Sarreaus, para Vilar de Barrio...

Hoxe voltou a facer un comunicado:

matizacións alcalde de V. de Barrio