Dúas horas de paro lectivo hoxe en Vilar de Barrio

43066082_537271660071388_8908934075205550080_n
Dúas horas de paro lectivo hoxe en Vilar de Barrio

Acudiron os 46 alumnos e alumnas e todos os país e nais

Case dúas horas estiveron sen clases o alumnado do CEIP de Vilar de Barrio, convocados polos propios país a manifestarse nas inmediacións do centro para solicitar da administración educativa da Xunta o profesor que lles quitaron fai tres anos.

43098159_1885186594900685_4370243955141378048_n

Todo foi como se esperaba, manifesta a presidenta da ANPA, menos a resposta da administración, que non foi ningunha, de momento. Vamos esperar uns días a ver si alguén se dirixe a nos, e de non ser así continuaremos coas mobilizacións noutros sitios, para conseguir o que de xustiza nos pertence e pertence ao alumnado deste centro, e como non ao profesorado actual que non da feito.