O GDR Limia-Arnoia organiza seis cursos de formación

anuncio prensa 2
O GDR Limia-Arnoia organiza seis cursos de formación

Os seis cursos ofertados enmárcanse no obxectivo de mellorar a cualificación profesional da poboación.

O Grupo de Desenvolvemento Rural 10 Limia-Arnoia organiza para este cuarto trimestre do ano 2017 seis cursos de formación. As formacións serán de industrias cárnicas e alimentarias –unha–, de cestería –unha–, de micoloxía –dúas– e de castiñeiros –dúas–.

Quérese mellorar a cualificación profesional da poboación das comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Celanova.

Os cursos de micoloxía e de castiñeiros ofertaranse en Vilar de Barrio –ademáis de Maceda–. O de cestería será en Sandiás. O de industrias cárnicas só se celebrará en Allariz.

Inserido nos obxectivos deste período LEADER 2014/2020, os GDR poden desenvolver actividades de formación dirixida á poboación dos seus respectivos territorios. Enmárcanse, polo tanto, os seis cursos ofertados, neste obxectivo de mellorar a cualificación profesional da poboación das comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Celanova.

Máis información no seguinte enlace: http://www.limia-arnoia.gal/cursos-de-formacion-do-gdr-limia-arnoia/