Investigado un veciño de Maceda por catro incendios en Vilar de Barrio

Imaxe de arquivo dunha avioneta apagando lumes.
Investigado un veciño de Maceda por catro incendios en Vilar de Barrio

As dilixencias foron entregadas no Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia (Ourense).

A Garda Civil da Comandancia de Ourense tomou declaración en calidade de investigado a R.G.G., veciño de Maceda, pola súa presunta autoría nos catro incendios forestais ocorridos nos montes da localidade de Arnuide-Vilar de Barrio, a finais de setembro e principios de outubro do ano actual, onde se viron afectadas 0,21 ha. de monte baixo e 2,5 ha. de arboledo, que a forza actuante considera provocados e con motivacións vandálicas.

As dilixencias foron entregadas no Xulgado de Instrución de Xinzo de Limia (Ourense).