Jacobo Senín e López-Fombona protagonistas na primeira xornada da Subida a Vilar de Barrio

Fombona
Jacobo Senín e López-Fombona protagonistas na primeira xornada da Subida a Vilar de Barrio

Nunha excelente xornada de sol outonal,na comarca da Limia, a Copa de España de Escuadras de Montaña cubriu a súa primeira xornada no novo e rápido trazado de Vilar de Barrio

A I Subida a Vilar de Barrio celebrou na mañá do sábado a súa primeira xornada de competición. E na tamén primeira edición da súa historia tivo dous protagonistas que, a recado, mañá domingo volverán repetir e brindar un emocionante espectáculo aos numerosos afeccionados presentes no trazado que une a localidade limiana coa comarca de Monterrei.

Os espectaculares vehículos presentes na cita ofreceron unha xornada de automobilismo de máximo nivel, destacando os tempos marcados pola barqueta Nova NP01 de Jacobo Senín e o portentoso Audi RS 5 DTM de José Antonio López-Fombona, que marcaron os mellores cronos encabezando así a clasificación xeral provisional

Senín, distanciando en 22,504 segundos a López Fombona. Terceiro en discordia sitúase Jorge Pérez cun Porsche 911 GT3 Cup. A cuarta praza é para o Fórmula Outeda de Jonathan Abadín e a quinta para Bernardino Lorenzo cun Forwin 01.

Mañá domingo celébrase a segunda xornada dunha proba que atraeu a numeroso público e afeccionados ao motor e que promete unha boa mañá de Automobilismo de máximo nivel. Os tempos da proba os teneís á vosa disposición en teamrepauto.com.